30/1/24

TEATRO: HELP! TROUBLE IN THE JUNGLE

Hoxe fomos ver unha obra de teatro en inglés á sede de Afundación de Pontevedra. Trataba sobre o coidado medioambiental: Zaida vive na selva tropical, pero unha mañá a selva pídelle axuda. Un grupo de leñadores chegan para cortar a árbore máis alta da fraga, que ofrece alimento, refuxio e sombra a todas as persoas que a habitan. Ela soa terá que detelos coa inestimable axuda do público. Repleta de cancións, acción e gargalladas, esta comedia interactiva fixo que reflexionaramos sobre a conservación e o coidado do medio ambiente. Foi unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarnos en inglés.

21/12/23

REMATAMOS O TRIMESTRE



Acabamos o 1º trimestre coa celebración da nosa tradicional "Chocolatada". Ao ser o alumnado maior do colexio, tivemos a responsabilidade de repartir o chocolate e a deliciosa rosca por todos os niveis. Ademais, tivemos uns presentadores de luxo para as badaladas que fixemos ás 12 do mediodía no patio da escola. Berta e Pedro puxeron o broche de ouro para este día tan especial. 
Vémonos o próximo ano! 
Boas vacacións a todas e a todos!


1/12/23

XOGADE

Este ano participamos no programa Xogade. Comezamos recibindo a visita do alumnado de 6º do CEIP de Parada-Campañó. Pasámolo moi ben!

29/11/23

 CONCURSO TÍRALLE DA LINGUA


Este ano o alumnado de 6° de primaria participamos no concurso Tíllalle da Lingua. Escribimos contos do Samaín en galego, eleximos un por clase, logo grabamos poñendo as nosas dotes interpretativas e finalmente editamos o audio.

Aquí tedes o resultado destas contadas para que desfrutedes tanto coma nós.


"Extraterrestres en Mourente" Iago 6ºA

    

     "Unha trepidante peripecia" Alma 6ºB


25/11/23

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todos os días do ano son bos para loitar contra a violencia de xénero, pero neste 25 de novembro queremos poñer aínda máis énfase no noso rexeitamento ante este tipo de maltrato. 


11/11/23

  VISITA Á EXPOSICIÓN PICASSO PROTAGONISTA

O alumnado de 6º visitou o pasado 10 de novembro unha exposición, ofrecida polo Café Moderno de Pontevedra, sobre a arte do eterno pintor malagueño a través das reinterpretacións de diversos artistas de cómic. Esta exposición ofreceu ao alumnado novas formas de achegamento e de coñecemento da enorme produción picassiana.

1/11/23



UNHA VIAXE ALUCINANTE COAS CÉLULAS

 O alumnado de 6º descobre, traballando por equipos, o asombroso mundo celular con estas maquetas creativas e curiosas. Estas maquetas transportarante a un universo cheo de vida, amosándote a estrutura e funcións esenciais das células dun xeito único. Traballaron arreo e con moita imaxinación nunha actividade que foi o broche final ao noso proxecto de ciencias naturais. 
 






31/10/23

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín no colexio. O alumnado de 5º e 6º realizou unha exposición de cabazas. A verdade, é que nos quedaron moi ben!


30/10/23

NOVO PROXECTO!

Comezamos un novo proxecto "Viaxamos pola Idade Contemporánea! Agardamos aprender moitas cousas novas!

23/10/23

ACÉRCASE O SAMAÍN...

Esta semana, o alumnado de 5º e 6º de Primaria está facendo un traballo xenial coma contacontos nos distintos niveis educativos do centro. Os contos teñen unha temática baseada no misterio e no medo, tan propios desta época que se aproxima do Samaín. Agardamos que o pasedes terrorificamente ben escoitando estes contos tan chulos!

5/10/23

RECANTO DE PENSAR E EMOCIÓNS

Este ano, estamos traballando as emocións mediante a Caixa de Mensaxes Positivas e Abrazos. Así mesmo, temos o Recanto de Pensar... pero para pensar de verdade e intentar dar solucións a preguntas "importantísimas para a existencia humana!"

18/9/23

PRIMEIRO PROXECTO DO NIVEL

Hoxe comezamos o proxecto "Explorando os acontecementos do pasado!" que nos servirá para repasar e ampliar temáticas sobre a historia traballadas xa no curso pasado. Esperamos aprender moitas cousas novas mediante as nosas investigacións!

7/9/23

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

O día 11 de setembro volverémonos ver despois destes meses de vacacións. Moito ánimo neste comezo dun curso tan especial como é o de sexto de primaria!

21/6/23

REMATAMOS 5º DE PRIMARIA!

Hoxe finalizamos o curso escolar cunha festa especial. Cando regresemos en setembro, estaremos en 6º de primaria e seremos os maiores do cole. Canta responsabilidade!

16/6/23