30/9/19

SOROLLA

Comezamos o proxecto da Auga con Sorolla, xa que ten moitos cadros relacionados co mar. Esta é a información que trouxo o alumnado e durante este trimestre imos a aprender moitas cousas. Xa veredes!!!.


                                                       FOTOS AQUI

RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS: A MESA DA PAZ E AMIZADE


A Mesa da paz é un recurso que axuda ao alumnado cando se sente desbordado, así como os axuda a resolver un conflito con outro neno ou nena. Ao implementar unha mesa da paz, o uso máis común será para cando o neno ou nena  estea triste, desbordada ou frustrada e para resolver conflitos tanto internos coma se o ten cun compañeriro ou compañeira.
Esta ferramenta da mesa da paz é moi útil tanto para a resolución de conflitos como para axudar aos nenos e nenas  a relaxarse e sentirse ben.
                                   ESTA É A NOSA

SE CLICADES AQUÍ TENDES MÁIS INFORMACIÓN

25/9/19

AS NOSAS NORMAS

Ola familias, para comezar o curso precisamos de unhas normas para un bo desenvolvemento deste ano lectivo 2019/20. Para consensualas democraticamente, fixemos unha actividade con equipas colaborativas coa técnica 1,2, 4.


 Ao final, conseguímolas, estamos moi ilusionados e ilusionadas con elas xa que están representadas con cadros da pintura internacional e sen esquecer os diferentes estilos pictóricos. Isto dará pé a traballar tanto os estilos coma os cadros en sí. Esperamos que gostedes delas.

23/9/19

YAYOI KUSAMA

O comenzo do curso rematamos o mural de circulos de Yayoi kusama, custounos moito recortar ben os círculos.Temos que practicar mais coas tesoiras.

Quedou así de bonito!!!

FOTOS AQUÍ

13/9/19

2/9/19