24/2/23

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Neste día dedicado a Rosalía de Castro aproveitamos para cantar un dos seus poemas, "Adiós ríos, adiós fontes", acompañando a voz de Amancio Prada. 

Así mesmo, plantamos uns pensamentos, xa que eran as flores favoritas de Rosalía.


17/2/23

ENTROIDO 2023

Hoxe celebramos o Entroido no colexio. Nós escollemos a temática dos deportes para os nosos disfraces. Agora descansaremos uns días para volver con enerxía renovada!




14/2/23

SAÍDA AO TEATRO

Esta semana fixemos unha saída para ver a función en inglés "What monster?" Pasámolo moi ben; ademais, tivemos a sorte de que unha rapaza de quinto e dúas nenas de sexto foran escollidas para saír ao escenario e participar na obra. Foi unha gran experiencia!