23/6/21

CHEGARON AS VACACIÓNS!

SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 2021

Estamos de vacacións!!! Inda que este foi un curso especial, traballamos moito e aprendemos unha chea de cousas, agora queremos divertirnos: queremos xogar, ler, cantar, pasear, facer deporte ou ir a sitios diferentes. 

Pero tamén imos deixar un tempo diario para facer algunha destas tarefas e así comezar con seguridade e éxito en 4º:

  • Elaboración dun álbum de sucesos deste verán ou dun diario ou caderno persoal escribindo nel o que facemos, pegando algunha foto ou debuxo dun sitio que visitamos e narrando o que alí pasou, explicando unha noticia que nos contaron ou que sucedeu, resumindo un libro que lemos...

  • Lectura cotiá. Podo ler historias, poesías, contos, noticias no xornal, cómic, revistas infantís, libros sobre algo que me guste, unha páxina web,...  Dominar a lectura é importantísimo para aprender e estudar ben. A lectura só se mellora practicando moito.

  • Escritura diaria procurando facer unha letra lexible e sen erros de ortografía. Podo escribir unha tarxeta, unha carta, un conto, unha noticia, un cómic, podo escribir sobre os meus sentimentos, as miñas preocupacións, unha información sobre un animal, un invento,... Podo facer un libro de cómics, un libro de contos, un libro de poemas, unha novela de aventuras, unha investigación sobre algo que me guste, un caderno de noticias sobre o deporte, as viaxes, …

  • Resolución de problemas e repaso da numeración e do cálculo. A automatización das operacións precisa de práctica e a táboa non podo esquecela nada, no vindeiro curso agárdanme operacións algo máis complicadas e teño que dominar ben as máis sinxelas e facer cálculo mental.

  • Práctica de xogos de mesa (bingo,oca, baralla, parchís, tres en raia, conecta, pictionary, dominó ...) e de xogos de entretemento como encrucillados, aforcado, sopas de palabras, pasapalabra, sudokus,...para que me axuden a atender, razoar, a calcular rapidamente...

 

  • Tamén, NO ORDENADOR,  podo facer actividades da aula virtual, do blog da clase ou do blog de recursos ou mesmo algunhas destas actividades:

o     http://boj.pntic.mec.es/psuare2/ortografia.htm

o     http://ec.europa.eu/environment/pubs/children/zoe/index_es.htm

o     http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/multiplicacion.htm

o     http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/ortografia.htm

o     http://www.accedetic.es/tablasdemultiplicar/tablasdemultiplicar.html

o     http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/

o     http://www.educanave.com/primaria/indexprimaria.htm

o     http://www.educapeques.com/los-juegos-educativos/juegos-de-matematicas-numeros-multiplicacion-para-ninos/portal.php?contid=4&accion=listo

o     http://www.mundoprimaria.com/juegos-lenguaje

o     https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=ca&language=es&level=PRI

o     https://es.ixl.com/math/3-primaria

o     https://vedoque.com/sec.php?s=3

o     https://www.cerebriti.com/juegos-de-matem%C3%A1ticas/tag/mas-recientes/

o     https://www.cokitos.com/category/juegos-para-ninos-de-8-anos/

o     https://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/index.html  

o     https://www.matematicasonline.es/pequemates/pequemates8/pequemates8-1.html  

o    Juegos de MATEMÁTICAS para niños ➔ MÁS de 1000 JUEGOS (mundoprimaria.com)

XOGOS ONLINE

SUDOKU

https://www.sudoku-online.org/ 

TANGRAM

https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/reajuegos-JS/tangram_clsico.html 

AFORCADO

https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-ahorcado/

PASAPALABRA

https://www.cokitos.com/pasapalabra-para-ninos/ 

XADREZ

https://aprendeconrey.com/ 

DOMINO

https://www.cokitos.com/domino-educativo/ 


ALGUNHAS PROPOSTAS ALTERNATIVAS DE REPASO:

- 10 sesiones para trabajar los contenidos básicos. 3. (lengua y matemáticas). Editorial GEU (Grupo editorial Universitario)

- 101 tareas para desarrollar competencias. (lengua y matemáticas). Editorial GEU (Grupo editorial Universitario)

Lingua:

- Cuadernos puente. Cuaderno de lenguaje. 3º. Ejercicios básicos para preparar el paso a 4º. Editorial Arcada.

- Caderno “Mis juguetes las palabras... y mi amigo el diccionario” Caderno 3, 4,5 . Edit Maspe.

- Ortografía. Punto y aparte. Cuadernos 7, 8, 9,10,11,12 . Editorial Arcada.

- Domina con Bruño la comprensión lectora. Cuadernos de lengua 7 (3º DE PRIMARIA). Editorial Bruño.

- Mumú Xogo de Lectura . Lectura eficaz Editorial Bruño.

- Mao Tiang, Pelos Tesos Xogo de Lectura. Lectura eficaz. Editorial Bruño.

- Cadernos Lingua Galega Comprender e Aprender 3. Editorial Vicens Vives.

Matemáticas:

- Cuadernos puente. Cuaderno de matemáticas 3º. Ejercicios básicos para preparar el paso a 4º. Editorial Edarca.

- Cuaderno de matemáticas 7, 8. Domina con Bruño . Iniciación a la división. Problemas. Editorial Bruño

- Mis problemas favoritos. 3.1, 3.2, 3.3. GEU editorial.

4/6/21

NOEL DOMINGUEZ CONSEGUE UNHA PRAZA NA FINAL DO CAMPIONATO EUROPEO

Noel Domínguez consegue una praza na final do Campionato de Europa de Piragüismo, que se está a disputar en Poznan (Polonia). O alumnado de 3º B do CEIP Vilaverde estivo animando ao piragüista de Pontevedra e viviu a semifinal con moita ilusión. Estamos contigo Noel. Moito ánimo para a final!!!