1/4/24

DESCOBRIMOS OS APARATOS DO NOSO CORPO

Para dar por rematado o noso proxecto de ciencias naturais deste trimestre, traballamos na realización dunhas maquetas sobre os aparatos do corpo humano. Resultou unha experiencia en equipo moi enriquecedora, amosando toda a nosa creatividade e imaxinación.


30/1/24

TEATRO: HELP! TROUBLE IN THE JUNGLE

Hoxe fomos ver unha obra de teatro en inglés á sede de Afundación de Pontevedra. Trataba sobre o coidado medioambiental: Zaida vive na selva tropical, pero unha mañá a selva pídelle axuda. Un grupo de leñadores chegan para cortar a árbore máis alta da fraga, que ofrece alimento, refuxio e sombra a todas as persoas que a habitan. Ela soa terá que detelos coa inestimable axuda do público. Repleta de cancións, acción e gargalladas, esta comedia interactiva fixo que reflexionaramos sobre a conservación e o coidado do medio ambiente. Foi unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarnos en inglés.