31/5/22

Vila Desastrosa

Por fin ¡ Xa chegou o esperado estreo da nosa película. 

Traballo moi ben feito polos nenos e nenas de 4ºB. 

Parabéns a todos e todas.



30/5/22

ÁREA E PERÍMETRO

 Nestes días estamos a traballar coas áreas e, como tiñamos dúbidas entre as diferenzas de área e perímetro, baixamos ao patio para experimentar.

Decidimos levar a regra, a escuadra e o cartabón e, puxémonos mans a obra.

1º Perimetro




2º Área 








Resultou unha actividade moi estimulante para os nenos e nenas , chea de descubrimentos e de razoamento lóxico- matemático.


Parabéns a todos e todas

27/5/22

LETRAS GALEGAS 2022. PACO NOGUEIRAS

 Rematando coa celebración das letras galegas 2022. Tivemos a actuación de PACO NOGUEIRAS. 



Se pinchades na imaxe podedes ver algunha foto.

Moitas gracias


20/5/22

LETRAS GALEGAS 2022. Lectura de poesías

 Seguindo coas celebracións do XXX CERTAME DE POESÍA. Viñeron a lernos unha poesía dúas mestras moi especiais para os nenos e nenas de 4º de primaria.











Moitas gracias Victoria e Merchi os nenos e nenas estaban encantados.


18/5/22

POESÍAS. LETRAS GALEGAS 2022

 Co motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS 2022,  tivo lugar o noso certame de poesía.






Parabéns a todos e todas






REINO DE GALICIA 2

 O avó de Pedro e Berto, veu as nosas aulas , para darnos a coñecer máis sobre o Reino de Galicia.

Os nenos e nenas de 4ºA e 4º B estiveron moi atentos. Resultou moi interesante.









Moitas gracias o avó de Pedro e Berta polo seu tempo.



12/5/22

EXCURSIÓN AO SALGUEIRAL 4º PRIMARIA

A excursión ao Salgueiral resultou entretida e divertida. Grazas ás monitoras por organizar unhas actividades nas que aprendemos moitas cousas.


4º A

                                                            
                                                                       4º B


 

10/5/22

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO.

As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán. 

 

 
  Xa coñecemos a súa intensa vida, animádevos a dar resposta ás preguntas!
https://view.genial.ly/624ed638bdc555001971d991/interactive-content-florencio-m-delgado-gurriaran

6/5/22

POESÍA

 Nestas datas tamén estamos a desenvolver talleres de poesía para ir, pouco a pouco, mellorando a rima, a entonación...




Coñecendo a diversos poetas galegos e analizando os seus poemas: métrica, rima...e, por suposto, falando e traballando coa poesía de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.






REINO DE GALICIA

 Nas aulas de 4ª de primaria estamos a darlle voltas ao REINO DE GALICIA. 

- monarca

- símbolos

- época histórica

- etc

Para iso estamos recollendo información de diferentes fontes: internet, enciclopedías... despois a poñemos e común e sacamos as nosas propias conclusións que, incluimos dentro da nosa liña do tempo.






O traballo realizado polos nenos e nenas está a ser moi enriquecedor.