12/2/21

ENTREVISTA A JORDI SERRALLONGA

O vindeiro luns 15 de febreiro ás 13:10 emitirase en ONDA CERO (no programa Más de uno) a entrevista feita polo alumnado de 3º e 4º.

Neste espazo radiofónico o arqueólogo Jordi Serrallonga reflexiona, coas nenas e cos nenos do noso centro, arredor do cambio climático.

Podedes escoitalo en directo na 103.6 da FM ou a través da web www.ondacero.es (seleccionando escoitar a radio en directo e logo elixindo Pontevedra como cidade no menú).


Aquí tedes o enlace para escoitar a entrevista.



5/2/21

PRIMEIRO MANDADO


COMEZA O ENTROIDO!

 ESTE ANO VILAVERDIÑO  ANDA ALGO AMOLADO CON ISTO DO 

CORONAVIRUS. 

NON PODEMOS CELEBRAR A  NOSA FESTA COMO  TÓDOLOS ANOS. 

MAIS, ÍMOLO FACER DUN  XEITO DIFERENTE E DIVERTIDO, TEDES QUE PRESTAR ATENCIÓN. 

VILAVERDIÑO ANUNCIARÁ UN  MANDADO CADA DÍA .  

O PRIMEIRO, HOXE!!!