21/12/16

REMATAMOS O TRIMESTRE

ACABAMOS UN TRIMESTRE CHEO DE NOVAS APRENDIZAXES E DE SORPRESAS FERMOSAS.
IMOS DE VACACIÓNS PERO...
VOLVEREMOS CON MOITAS MÁIS COUSAS!
Resultado de imagen de FELIZ 2017 GIF

FESTA DE NADAL

HOXE TODO O ALUMNADO DO COLEXIO DISFRUTOU DA CHOCOLATADA. OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS XUNTÁMONOS NA AULA DE 4 ANOS- A PARA TOMAR O CHOCOLATE E A ROSCA.
AO REMATAR O APALPADOR VIU A NOSA CLASE ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO E REGALOUNOS UNHA BOLSA DE CHUCHES. 
QUE BEN O PASAMOS!!!

https://goo.gl/photos/fZ9GvETq6Wbd6yaN7

5/12/16

FACEMOS TARXETAS

RECIBIMOS UNHA CARTA DA MASCOTA E MÁIS UNHA TARXETA.
NÓS TAMÉN QUEREMOS FACERLLE UNHA PARA ELA E OUTRAS PARA FELICITAR A OUTRA XENTE...
ASÍ QUE NOS PUXEMOS A DESEÑAR A NOSA SUPERORIXINAL TARXETA.
XA VEREDES!

23/11/16

LAMPI CELEBRA O DÍA DA PALABRA

LAMPI PÍDENOS QUE PENSEMOS EN EQUIPOS NUNHA PALABRA E DESPOIS QUE LLA ESCRIBAMOS NO CARTEL DE DONA CASTAÑA.
CANDO A TEÑAMOS ESCRITA DEBEREMOS LEVALA AO TENDAL DA BIBLIOTECA.
E NÓS... ASÍ O FIXEMOS

15/11/16

MAGOSTO

O VENRES DÍA 11 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLEXIO.
PRIMEIRO FOMOS VER COMO PACO E ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS MAIORES ASABAN AS CASTAÑAS. LOGO FIXEMOS UNS XOGOS MOI DIVERTIDOS NO PATIO . PARA REMATAR COMEMOS AS CASTAÑAS. QUE RICAS ESTABAN!!

10/11/16

VISITA AO SOUTO NA BIBLIOTECA


A BIBLIOTECA DO COLE TRANSFORMOUSE NUN SOUTO DE OUTONO PARA QUE ANTÍO SE SENTIRA COMO SI ESTIVESE NA SÚA CASA. QUE FELIZ ESTÁ! E AGARDA CON LEDICIA A QUE CHEGUE O DÍA DO MAGOSTO NO COLE.
NESTE SOUTO TAN BONITO HAI TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN DE CONTOS DE OUTONO.
O LUNS FOMOS VISITAR O SOUTO E ALÍ ATOPÁMOSNOS CON ANTÍO E OUTROS ANIMALIÑOS. DESPOIS DE SAUDAR A ANTÍO MIRAMOS A EXPOSICIÓN DE CONTOS. PASÁMOLO XENIAL!!








ANIMACIÓN LECTORA : "OS 3 PORQUIÑOS"

DURANTE OS MESES DE SETEMBRO E OUTUBRO AS MASCOTAS DE 4 ANOS REMITÍRONNOS  CADA DÍA UNHA LÁMINA DO CONTO "OS TRES PORQUIÑOS"
AO FINAL MONTAMOS ENTRE TODOS O PUZZLE COAS LÁMINAS DO CONTO.
DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!

3/11/16

O OUTONO

DENDE QUE COMEZOU ESTA ESTACIÓN ESTIVEMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS DELA : O QUE LLE PASA  AS ÁRBORES, AS CORES DO OUTONO, OS FROITOS E AS FROITAS DO OUTONO... DECORAMOS A NOSA ÁRBORE DA AULA  E  ATA FIXEMOS UNHA PEQUENA DEGUSTACIÓN DALGÚNS FROITOS E FROITAS. 




CONTACONTOS DE OUTONO E BOSQUE NA BIBLIOTECA

ASISTIMOS A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CON VERSIÓNS DE CARAPUCHIÑA, PORQUE ANDAMOS A CONTAR CONTOS DE BOSQUE.


18/10/16

E FOMOS Á BIBLIOTECA DE LAMPI

EFECTIVAMENTE LAMPI TIÑA LIBROS SOBRE O CORPO.
FOMOS Á BIBLIOTECA E VÍMOLOS.

TEN MOITOS MOITOS LIBROS



12/10/16

LAMPI ESCRIBIUNOS


LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA ESCRIBIUNOS...
UNHA CARTA PARA QUE VAIAMOS Á BIBLIOTECA
E OUTRA PARA QUE LLE AXUDEMOS A ADORNALA COMO SE FOSE UN SOUTO PORQUE COMO CHEGOU O OUTONO, ANTÍO VAI QUERER VIR E QUERE QUE SE SINTA COMA NA CASA.
SEGURO QUE IMOS AXUDAR A LAMPI, SÓ SE NON SE ESQUECE DE AXUDARNOS EL A ATOPAR LIBROS SOBRE O CORPO.

6/10/16

ESCRIBÍMOSLLE Á NOSA MASCOTA

COMO QUEREMOS SABER MOITO SOBRE O CORPO ESCRIBÍMOSLLE Á NOSA MASCOTA PARA QUE NOS REMITISE INFORMACIÓN.
A MASCOTA REMITIUNOS VÍDEOS E TAMÉN DIXO QUE LLE ÍA PEDIR A LAMPI QUE NOS DESE LIBROS DA SÚA BIBLIOTECA...
ASÍ QUE AGARDAMOS A VER SE O FAI.

4/10/16

UN PROXECTO NA CLASE

ESTAMOS INICIANDO UN PROXECTO.
EMPEZAMOS CUN POEMA DE GLORIA FUERTES
Resultado de imagen de COMO SE DIBUJA UN NIÑO
NO POEMA FÁLASE DE ASPECTOS DO CORPO: CARA, FLEQUILLO, ...
E ESTAMOS AVERIGUANDO QUE SABEMOS XA SOBRE O CORPO... XA IMAXINADES QUE SABEMOS MOITO, MOITO.

26/9/16

E SABEDES QUEN É GLORIA FUERTES?

A MASCOTA REMÍTENOS UNHA CARTA PREGUNTANDO POR GLORIA FUERTES...
TAMÉN NOS FAI CHEGAR UN POEMA...
QUERERÁ QUE O APRENDAMOS?
TERÁ ALGO QUE VER COS DEBUXOS QUE ESTAMOS A FACER SOBRE O CORPO?
Resultado de imagen de GLORIA FUERTES

23/9/16

UN CONTO EN TARXETAS

ESTÁN CHEGANDO Á CLASE UNHAS TARXETAS...
NON SON TARXETAS CALQUERA...
TRAEN UN CONTO!
O QUE OCORRE É QUE CHEGA EN CACHIÑOS... MOITOS CACHIÑOS
Resultado de imagen de TRES CERDITOS NANDIBU
TEMOS MOITA INTRIGA SOBRE COMO SERÁ A TARXETA SEGUINTE!

20/9/16

PLAN DE ACOLLIDA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO ACTIVIDADES DE ACOLLIDA:
- COÑECER OS NOVOS ESPAZOS
- LER O SAÚDO DA NOSA MASCOTA
- COLOCARNOS NOS EQUIPOS (TEMOS NOVOS NOMES DE EQUIPOS!)
- REVISAR O QUE PENSAMOS QUE IMOS APRENDER
- ....

4/9/16

COMEZAMOS AS CLASES DE NOVO!

O DÍA 12, IMOS COMEZAR DE NOVO AS CLASES.
ESTAREMOS EN 4 ANOS!
IMOS TER AS AULAS NO EDIFICIO DE MAIORES... QUE BEN!
ESTE CURSO IMOS TRABALLAR SOBRE TEMÁTICAS MOI INTERESANTES E IMOS APRENDER MOOOOOITAS COUSAS...

7/6/16

TEMOS VISITAS NA NOSA CLASE

ESTES DÍAS, AS NENAS E OS NENOS QUE COMEZARÁN EN TRES ANOS O VINDEIRO CURSO, VISITAN A NOSA CLASE.
NÓS IMOS PASAR A CATRO ANOS, PARA AS AULAS DO EDIFICIO DE MAIORES E DEIXAREMOS ESTAS AULAS PARA ELAS E ELES.
ESTIVERON XOGANDO COS NOSOS XOGOS, TRABALLANDO COA PLASTILINA, COLOREANDO,...

13/5/16

CONCERTO " A GRAMOLA GOMINOLA"

HOXE TIVEMOS NO PATIO DO NOSO COLE A ACTUACIÓN DO GRUPO "A GRAMOLA GOMINOLA" PARA FESTEXAR AS LETRAS GALEGAS.
GOZAMOS MOITO DO CONCERTO E AO FINAL ATA BAILAMOS!
PASÁMOLO XENIAL!

LETRAS GALEGAS

ESTE ANO MANUEL MARÍA É O ESCRITOR PROTAGONISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LEVAMOS VARIAS SEMANAS INVESTIGANDO COUSIÑAS DEL, ESCOITANDO POEMAS DO SEU LIBRO " SOÑOS NA GAIOLA" E APRENDEMOS O POEMA " O CARACOL".
UNHA NENA TROUXO DA SÚA CASA O LIBRO " SOÑOS NA GAIOLA" E PRESENTOUNO NA ASEMBLEA.

12/5/16

UNS NOVOS PROTAGONISTAS NAS NOSAS AULAS

ONTE CHEGARON AS NOSAS AULAS UNS CARACOIS.
VIMOS COMO ERAN, COMO CAMIÑABAN, COMO SACABAN OS CORNOS E ATA COMO COMÍAN UN ANAQUIÑO DA MAZÁ DUN NENO.
CANTÁMOSLLE A CANCIÓN DO POEMA"CARACOL" DE MANUEL MARÍA.
PASÁMOLO XENIAL E ATA ALGÚNS NENOS E NENAS ACARIÑÁMOLOS E COLLÉMOLOS NA MAN!

7/5/16

AS BOLBORETAS

ESTA SEMANA COMEZAMOS A INVESTIGAR AS BOLBORETAS. PRIMEIRO FALAMOS DO QUE SABÍAMOS DESTE INSECTO (IDEAS PREVIAS DOS NENOS E DAS NENAS). LOGO OS NENOS E NENAS DO EQUIPO BOLBORETAS TROUXERON DA CASA INFORMACIÓN, CONTOS ...
NA ASEMBLEA CONTÁRONNOS O QUE INVESTIGARON DAS BOLBORETAS. CANTO ESTAMOS APRENDENDO!

6/5/16

UN POUQUIÑO DE RITMO

COA PROFE LOLA TRABALLAMOS O RITMO, A ESCOITA, O SILENCIO,...


CETRERÍA NO COLEXIO

HOXE TUVIMOS UNHA EXHIBICIÓN DE CETRERÍA NO PATIO DO COLEXIO.
PRIMEIRO EXPLICÁRONNOS ALGUNHAS COUSIÑAS DAS AGUIAS. DESPOIS MIRAMOS COMO VOABA A AGUIA PATRIOTA. AO REMATAR A EXHIBICIÓN ALGÚNS NENOS E NENAS QUIXEMOS TOCALA.
QUE BONITA ERA!