24/2/16

DÍA DE ROSALÍA

HOXE CANDO CHEGAMOS Á CLASE ATOPAMOS UNHA FOTO DUNHA MULLER E UN POEMA...
SEICA NACEU UN 24 DE FEBREIRO...
SABEDES QUEN É?



POIS NÓS ACABAMOS DE AVERIGUALO HOXE E TAMÉN LEMOS UN POEMA DELA QUE TEN QUE VER CON BICHOS. MOI PRONTO SABEREMOS DICÍRVOLO DE MEMORIA.

CANTABAN OS GRILOS,
OS GALOS CANTABAN,
O VENTO ENTRE AS FOLLAS
RUNXINDO PASABA.


OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA VIÑERON A NOSA AULA A RECITARNOS UN POEMA DE ROSALÍA. DESPOIS  DECORAMOS O NOSO POEMA.




15/2/16

QUE DE BICHOS!

ESTES DÍAS COMEZAMOS NA CLASE UN NOVO PROXECTO... VAI DE BICHOS!
ESTAMOS FALANDO DO QUE SABEMOS E XA VOS PEDIREMOS AXUDA...

AS NOSAS MESAS TEÑEN NOMES DE BICHOS... SABEDES CALES?
POIS PREGUNTÁDENOS! IGUAL O PROXECTO TEN QUE VER CON ESES BICHOS...

5/2/16

FESTA DO ENTROIDO

HOXE CELEBRAMOS O NOSO PRIMEIRO ENTROIDO NO COLEXIO. 
 AS 9 SUBIMOS AO COLEXIO DOS MAIORES PARA VISITAR AO GALO VILAVERDIÑO E AOS OVOS DISFRAZADOS DAS DIFERENTES CULTURAS. ESTÁBAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS!!



AO REMATAR A VISITA BAIXAMOS Á AULA PARA DISFRAZARNOS. MIRADE QUE GUAPAS E GUAPOS ESTAMOS!!


A CONTINUACIÓN SAÍMOS AO PATIO PARA DESFILAR. COMO ESTAMOS EN 3 ANOS COMEZAMOS NOS CO DESFILE E LOGO MIRAMOS COMO DESFILABAN O RESTO DOS NENOS E NENAS DO COLEXIO. GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!




A FESTA DO ENTROIDO REMATOU COA QUEIMA DO GALO VILAVERDIÑO.

3/2/16

CONTO DO FIN DE SEMANA

O LUNS NA ASEMBLEA FALAMOS DO CONTO QUE LEVAMOS A CASA O FIN DE SEMANA.
PRIMEIRO PRESENTÁMOSLLE O CONTO AOS COMPAÑEIROS E ÁS COMPAÑEIRAS, DESPOIS DIXEMOS O TITULO, SI NOS GUSTARA OU NON, QUEN NOS CONTARA O CONTO...

1/2/16

O NOSO PRIMEIRO ENTROIDO NO COLE

DENDE HAI DÍAS TRABALLAMOS SOBRE A CULTURA INDIA. SABEMOS XA MOITAS COUSAS DELA.
ASÍ QUE IMOS DISFRAZARNOS DE INDIAS E INDIOS.
DURANTE ESTAS SEMANAS NOS RECANTOS ESTIVEMOS:
- TRABALLANDO CO NOME DAS INDIAS E DOS INDIOS E CON PALABRAS RELACIONADAS
- CONTANDO TÓTEMS, AS PLUMAS QUE PRECISAMOS PARA O DISFRACE,,..
- LENDO E ELABORANDO RECEITAS INDIAS NO RECANTO DA COCIÑA
- FACENDO OS COLARES
- ELABORANDO MANDALAS INDIAS
....