31/3/16

SALÓN DO LIBRO

NO MES DE FEBREIRO COMEZAMOS O PROXECTO DE "BICHOS". ESTAMOS INVESTIGANDO OS BICHOS DAS NOSAS MESAS.
ELABORAMOS UN TRABALLO QUE ENVIAMOS AO SALÓN DO LIBRO. INVENTAMOS UNS BICHOS ESPECIAIS. CADA EQUIPO ELABOROU O SEU BICHO ESPECIAL CON DISTINTAS PARTES DE ANIMAIS, PUSÉMOSLLE NOME E DECORAMOS O FONDO.
MIRADE QUE BONITOS NOS QUEDARON!
 



ESCRIBIMOS NUNHA FICHA AS CARACTERÍSTICAS DESE ANIMAL: NOME, ALIMENTACIÓN, HABITAT, CURIOSIDADES...



POR ÚLTIMO VISITAMOS A RODOLFO QUE É O "BICHO- FICHEIRO" QUE LEVA NO SEU LOMBO AS FICHAS ELABORADAS POR TODO O ALUMNADO DO NOSO COLEXIO.

3/3/16

AS FORMIGAS

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DO EQUIPO FORMIGAS TROUXERON DA CASA  INFORMACIÓN, DEBUXOS, LIBROS E CONTOS DAS FORMIGAS.
NA ASEMBLEA CONTÁRONNOS MOITAS COUSAS DAS FORMIGAS. QUE BEN O FIXERON E CANTO ESTAMOS APRENDENDO! CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS.