13/5/16

CONCERTO " A GRAMOLA GOMINOLA"

HOXE TIVEMOS NO PATIO DO NOSO COLE A ACTUACIÓN DO GRUPO "A GRAMOLA GOMINOLA" PARA FESTEXAR AS LETRAS GALEGAS.
GOZAMOS MOITO DO CONCERTO E AO FINAL ATA BAILAMOS!
PASÁMOLO XENIAL!

LETRAS GALEGAS

ESTE ANO MANUEL MARÍA É O ESCRITOR PROTAGONISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LEVAMOS VARIAS SEMANAS INVESTIGANDO COUSIÑAS DEL, ESCOITANDO POEMAS DO SEU LIBRO " SOÑOS NA GAIOLA" E APRENDEMOS O POEMA " O CARACOL".
UNHA NENA TROUXO DA SÚA CASA O LIBRO " SOÑOS NA GAIOLA" E PRESENTOUNO NA ASEMBLEA.

12/5/16

UNS NOVOS PROTAGONISTAS NAS NOSAS AULAS

ONTE CHEGARON AS NOSAS AULAS UNS CARACOIS.
VIMOS COMO ERAN, COMO CAMIÑABAN, COMO SACABAN OS CORNOS E ATA COMO COMÍAN UN ANAQUIÑO DA MAZÁ DUN NENO.
CANTÁMOSLLE A CANCIÓN DO POEMA"CARACOL" DE MANUEL MARÍA.
PASÁMOLO XENIAL E ATA ALGÚNS NENOS E NENAS ACARIÑÁMOLOS E COLLÉMOLOS NA MAN!

7/5/16

AS BOLBORETAS

ESTA SEMANA COMEZAMOS A INVESTIGAR AS BOLBORETAS. PRIMEIRO FALAMOS DO QUE SABÍAMOS DESTE INSECTO (IDEAS PREVIAS DOS NENOS E DAS NENAS). LOGO OS NENOS E NENAS DO EQUIPO BOLBORETAS TROUXERON DA CASA INFORMACIÓN, CONTOS ...
NA ASEMBLEA CONTÁRONNOS O QUE INVESTIGARON DAS BOLBORETAS. CANTO ESTAMOS APRENDENDO!

6/5/16

UN POUQUIÑO DE RITMO

COA PROFE LOLA TRABALLAMOS O RITMO, A ESCOITA, O SILENCIO,...


CETRERÍA NO COLEXIO

HOXE TUVIMOS UNHA EXHIBICIÓN DE CETRERÍA NO PATIO DO COLEXIO.
PRIMEIRO EXPLICÁRONNOS ALGUNHAS COUSIÑAS DAS AGUIAS. DESPOIS MIRAMOS COMO VOABA A AGUIA PATRIOTA. AO REMATAR A EXHIBICIÓN ALGÚNS NENOS E NENAS QUIXEMOS TOCALA.
QUE BONITA ERA!

4/5/16

CON MANUEL MARÍA TAMÉN FALAMOS DE BICHIÑOS

MANUEL MARÍA ESCRIBIU MOITOS POEMAS, ENTRE ELES VARIOS VAN SOBRE ANIMAIS... NÓS TRABALLAMOS CON VARIOS BICHIÑOS QUE DAN NOME AOS EQUIPOS DAS CLASES... E TEMOS UNHA MESA DE...

AQUÍ ESTÁ O POEMA CANTADO DE MANUEL MARÍA

E AQUÍ OUTRA VERSIÓN

2/5/16

VISITA AO LABORATORIO

O XOVES 28 FOMOS AO LABORATORIO PARA OBSERVAR BICHOS COA LUPA BINOCULAR E COA LUPA MANUAL.
OBSERVAMOS UNHA FORMIGA, UNHA BABOSA, UNHA ORUGA, UN VERME E UN MOSQUITO. QUE GRANDES SE MIRABAN COAS LUPAS!