23/11/16

LAMPI CELEBRA O DÍA DA PALABRA

LAMPI PÍDENOS QUE PENSEMOS EN EQUIPOS NUNHA PALABRA E DESPOIS QUE LLA ESCRIBAMOS NO CARTEL DE DONA CASTAÑA.
CANDO A TEÑAMOS ESCRITA DEBEREMOS LEVALA AO TENDAL DA BIBLIOTECA.
E NÓS... ASÍ O FIXEMOS

15/11/16

MAGOSTO

O VENRES DÍA 11 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLEXIO.
PRIMEIRO FOMOS VER COMO PACO E ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS MAIORES ASABAN AS CASTAÑAS. LOGO FIXEMOS UNS XOGOS MOI DIVERTIDOS NO PATIO . PARA REMATAR COMEMOS AS CASTAÑAS. QUE RICAS ESTABAN!!

10/11/16

VISITA AO SOUTO NA BIBLIOTECA


A BIBLIOTECA DO COLE TRANSFORMOUSE NUN SOUTO DE OUTONO PARA QUE ANTÍO SE SENTIRA COMO SI ESTIVESE NA SÚA CASA. QUE FELIZ ESTÁ! E AGARDA CON LEDICIA A QUE CHEGUE O DÍA DO MAGOSTO NO COLE.
NESTE SOUTO TAN BONITO HAI TAMÉN UNHA EXPOSICIÓN DE CONTOS DE OUTONO.
O LUNS FOMOS VISITAR O SOUTO E ALÍ ATOPÁMOSNOS CON ANTÍO E OUTROS ANIMALIÑOS. DESPOIS DE SAUDAR A ANTÍO MIRAMOS A EXPOSICIÓN DE CONTOS. PASÁMOLO XENIAL!!








ANIMACIÓN LECTORA : "OS 3 PORQUIÑOS"

DURANTE OS MESES DE SETEMBRO E OUTUBRO AS MASCOTAS DE 4 ANOS REMITÍRONNOS  CADA DÍA UNHA LÁMINA DO CONTO "OS TRES PORQUIÑOS"
AO FINAL MONTAMOS ENTRE TODOS O PUZZLE COAS LÁMINAS DO CONTO.
DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!

3/11/16

O OUTONO

DENDE QUE COMEZOU ESTA ESTACIÓN ESTIVEMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS DELA : O QUE LLE PASA  AS ÁRBORES, AS CORES DO OUTONO, OS FROITOS E AS FROITAS DO OUTONO... DECORAMOS A NOSA ÁRBORE DA AULA  E  ATA FIXEMOS UNHA PEQUENA DEGUSTACIÓN DALGÚNS FROITOS E FROITAS. 




CONTACONTOS DE OUTONO E BOSQUE NA BIBLIOTECA

ASISTIMOS A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CON VERSIÓNS DE CARAPUCHIÑA, PORQUE ANDAMOS A CONTAR CONTOS DE BOSQUE.