31/1/18

DÍA DA PAZ

DESPOIS DE ESTAR VARIOS DÍAS TRABALLANDO SOBRE A PAZ , O LUNS 29 FIXEMOS UNHA VOTACIÓN PARA ELIXIR  O QUE PENSÁBAMOS QUE ERA MELLOR PARA CONSEGUILA.
PARA PODER FACER A VOTACIÓN NAS CABINAS HABÍA  PAPELETAS CON OITO OPCIÓNS E NOS TIÑAMOS QUE ELIXIR TRES.
DESPÓIS DE CONSTITUIR AS MESAS ELECTORAIS ( FORMADAS POR UN PRESIDENTE E DOUS VOGAIS) COMEZOU A VOTACIÓN.
AO REMATAR DE VOTAR FIXEMOS O ESCRUTINIO DE VOTOS.
EN 5 ANOS -A GAÑOU A OPCIÓN: COMPARTIR .



EN 5 ANOS-B GAÑOU A OPCIÓN: PEDIR PERDÓN.



O DIA 30 TODO O ALUMNADO DO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN : "HELLO TO ALL THE CHILDREN OF THE WORD.


https://photos.app.goo.gl/xc8E1NIdd12mNYZd2



https://photos.app.goo.gl/BSPhyce5RZm4BaYu2

30/1/18

O MAR

SEGUIMOS CO NOSO PROXECTO DO MAR E TRAEMOS INFORMACIÓN, CONTOS, DEBUXOS, ANIMALIÑOS , CONCHAS... PARA CONTARLLES COUSIÑAS AOS NOSOS
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
https://photos.app.goo.gl/ggNTLR54tEnjMe292

14/1/18

CHOCOLATADA E VISITA DO APALPADOR

REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA E A VISITA DO APALPADOR.
TODO O ALUMNADO DE 5 ANOS XUNTÁMONOS NUNHA CLASE PARA DEGUSTAR O CHOCOLATE E A ROSCA QUE REPARTIRON OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA.
ESTABA TODO RIQUÍSIMO!!
AO REMATAR VISITOUNOS O APALPADOR ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO. O APALPADOR DEUNOS UN AGASALLO: UNHA BOLSA DE CHUCHES!!
PASÁMOLO XENIAL!!

https://photos.app.goo.gl/WSUFbm6NVohDD0ho2