22/11/17

VISITA Á CETÁREA DE CAMPELO

O MARTES VISITAMOS A CETÁREA DE MARISCOS DE CAMPELO NO CONCELLO DE POIO.
PRIMEIRO EXPLICÁRONOS O QUE FAN NA CETÁREA E QUE MARISCOS TEÑEN.
DESPOIS OBSERVAMOS E COLLEMOS NA MAN OS MOLUSCOS: AMEIXAS, BERBERECHOS, MEXILÓNS, NAVALLAS E OSTRAS.
TAMÉN OBSERVAMOS E TOCAMOS OS OURIZOS DE MAR CON MOITO COIDADO.
POR ÚLTIMO TOCAMOS ALGÚNS CRUSTÁCEOS: CENTOLA, BOI E BOGAVANTE.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS E PASÁMOLO XENIAL!
COMO ESTIVEMOS MOI ATENTOS E ATENTAS RECIBIMOS UN AGASALLO!

CLASE DE 5 ANOS-A:



CLASE DE 5 ANOS-B:

12/11/17

O MAR

SEGUIMOS TRAENDO INFORMACIÓN SOBRE O MAR PARA CONTARLLES AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NA ASEMBLEA.

9/11/17

MÚSICA CON XAVI LOZANO

HOXE TIVEMOS O PRACER DE ESCOITAR A MÚSICA DE XAVI LOZANO.
ESTE MÚSICO TOCA MELODÍAS CUNS INSTRUMENTOS UN POUCO RAROS: TUBOS, VASOIRA, ESCADA,MANILLAR DE BICI,...
PASÁMOLO XENIAL!!

FESTA SAMAÍN - MAGOSTO

O 31 DE OUTUBRO CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN-MAGOSTO.
PRIMEIRO ENSINAMOS OS NOSOS SOMBREIROS DE BRUXAS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
QUE BONITOS QUEDARON!

SOMBREIROS DE 5 ANOS-A:



SOMBREIROS DE 5 ANOS-B:



DESPOIS DESFILAMOS POLO PATIO COS SOMBREIROS COMO OS DEMÁIS NENOS E NENAS DO COLEXIO. QUE BEN O FIXEMOS!



A CONTINUACIÓN BOTAMOS UN POUCO DAS NOSAS APÓCEMAS NO POTE DA MEIGA MENTRAS RECITÁBAMOS O CONXURO.

CONXURO DE 5 ANOS-A:
"TINTIRINTÍN ,
TANTARANTÁN
CON ESTA APÓCEMA
OS MONTES NON ARDERÁN"

CONXURO DE 5 ANOS-B:
"ALAREIRO, ALAREIRO
FÁGASE A MAXIA
NESTE CALDEIRO
PARA QUE SEXA FELIZ
O MUNDO ENTEIRO"



DESPOIS DO RECREO TIVEMOS O MAGOSTO. SENTÁMONOS NO PATIO PARA COMER AS CASTAÑAS QUE ASOU PACO. ALGÚNS NENOS E NENAS COMERON MOITÍSIMAS. ESTABAN BOÍSIMAS!!



PARA REMATAR A FESTA O ALUMNADO DE 6º E ALGUNHA PROFE REALIZARON UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. ALGÚNS NENOS E NENAS DE 5 ANOS QUISERON  MAQUILLARSE .
MIRADE O RESULTADO!

>

29/10/17

APÓCEMAS

ELABORAMOS APÓCEMAS PARA O SAMAÍN.
EN 5 ANOS-A FIXEMOS UNHA APÓCEMA "ANTINCENDIOS" PARA EVITAR QUE ARDAN OS BOSQUES.
INGREDIENTES:
-BICARBONATO
-PÓ DE TIZAS DE CORES
-PURPURINA DE CORES
-VINAGRE
EN 5 ANOS-B COS MESMOS INGREDIENTES FIXEMOS A APÓCEMA DA FELICIDADE PARA QUE TODO O MUNDO SEXA FELIZ.

MIRADE O RESULTADO!


VISITA Á FABRICA CLESA

CON JULIO VERNE APRENDIMOS QUE HAI MAMÍFEROS NO MAR E TAMÉN NA TERRA.(DO MAR A TERRA CON JULIO VERNE)
AVERIGUAMOS CALES ERAN DOMÉSTICOS E INVESTIGAMOS O LEITE E OS PRODUCTOS LÁCTEOS.
PARA APRENDER UN POUQUIÑO MÁIS VISITAMOS A FABRICA DE PRODUCTOS LÁCTEOS "CLESA"


VISITA A BIBLIOTECA DE LAMPI

DURANTE ESTE MES ESTIVEMOS INVESTIGANDO E TRABALLANDO SOBRE O SAMAÍN.
PARTICIPAMOS NA DECORACIÓN DA BIBLIOTECA CON GATOS NEGROS.
O XOVES 26 VISITAMOS A BIBLIOTECA PARA ESCOITAR O CONTO : "HANSEL E GRETEL"
GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!

PROXECTO "O MAR"

COMEZAMOS A INVESTIGAR O MAR CON JULIO VERNE E O SEU LIBRO "20000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA"
COMEZAMOS COAS IDEAS PREVIAS QUE TIÑAMOS DO MAR. A CONTINUACIÓN O ALUMNADO TROUXO INFORMACIÓN, CONTOS, ANIMAIS....( SIN PETICIÓN PREVIA) PARA EXPLICAR E MOSTRAR AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NA ASEMBLEA.
CANTO ESTAMOS APRENDENDO!!

17/10/17

INFORMÁMONOS SOBRE O LEITE E OS DERIVADOS

ESTAMOS FACENDO UN MINIPROXECTO RELACIONADO CO LEITE E OS DERIVADOS.
Resultado de imagen de leche y derivados dibujos
PARA INFORMARNOS MÁIS VISITAREMOS UNHA FÁBRICA NA QUE ELABORAN ALGÚNS DOS DERIVADOS DO LEITE.

9/10/17

VERNE E OS MAMÍFEROS QUE ATOPOU

NO MAR HAI MAMÍFEROS...

Resultado de imagen de MAMÍFEROS MARINOS

TAMÉN OS HAI NA TERRA

O LEITE TEN MOITO QUE VER COS MAMÍFEROS...
QUE SABEMOS DO LEITE?

5/10/17

ANTÍO VEU AO COLEXIO!

ESTE ANO ANTÍO CHEGOU MOI PRONTO.
DEIXOUNOS UNHA CARTIÑA CURTIÑA METIDA NUN SOBRE NEGRO.
XA A LEMOS: QUERE QUE BUSQUEMOS QUE É O SAMAÍN!

ONTE APARECEU CUN SOMBREIRO DE BRUXA NA CABEZA. PORÁ MÁIS COUSAS PARA DISFRAZARSE?

18/9/17

JULIO VERNE E O MAR

ESTAMOS A COMEZAR UN PROXECTO.
FALAMOS DE JULIO VERNE... QUEN É?
QUE ANIMAIS VIU NA SÚA VIAXE POLO MAR?
VIU MAMÍFEROS?
Resultado de imagen de julio verne y el nautilus

11/9/17

XA ESTAMOS DE VOLTA

É 11 DE SETEMBRO E REGRESAMOS AO COLEXIO PARA COMEZAR UN NOVO CURSO.
ESTE ANO IMOS APRENDER MOITAS COUSAS DIFERENTES E... REMATAREMOS EDUCACIÓN INFANTIL!
NA CLASE AGÁRDANOS UNHA CARTA DA MASCOTA QUE NOS CONTARÁ QUE FIXO NAS VACACIÓNS. QUE FARÍA?
Imagen relacionada

30/6/17

28/6/17

VIDEO DO RECITADO DE POEMAS DE GLORIA FUERTES

XA TEMOS O VIDEO DO RECITADO DOS POEMAS DE GLORIA FUERTES:
- "DOÑA PITO PITURRA"
-"LA GALLINITA"
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!

Poesiando a Gloria Fuertes: 4 anos from CEIP Vilaverde-Mourente on Vimeo.

FIN DE CURSO

O VENRES 23 REMATAMOS E. INFANTIL DE 4 ANOS.
ESTAMOS MOI EMOCIONADAS E EMOCIONADOS PORQUE DESPOIS DAS VACACIÓNS DO VERÁN VAMOS A OUTRAS AULAS E IMOS SER O ALUMNADO MAIOR DE INFANTIL. COMO PASA O TEMPO!
O ÚLTIMO DÍA FOI ESPECIAL. TIVEMOS UNHA MERENDOLA NA AULA DE 4 ANOS-A E CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE XUÑO. GABRIEL (GABI) CANTOU EN PORTUGUÉS PARA FELICITAR ÁS NENAS E AOS NENOS.

https://goo.gl/photos/nTRJvRmoZHXCnGCt9

https://goo.gl/photos/FV2Fawc692cGUHSn9

DESPOIS DO RECREO TIVEMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO NO PATIO. NOS PARTICIPAMOS BAILANDO O BAILE DA CARRASQUIÑA.


https://goo.gl/photos/KhZ1Kg1KYA1gu3267

23/6/17

IMOS DE VACACIÓNS

HOXE REMATAMOS AS CLASES.
IMOS DE VACACIÓNS!
VOLVEMOS EN SETEMBRO CON MOITAS MÁIS ACTIVIDADES
Resultado de imagen de VACACIÓNS

7/6/17

O DRAGÓN RAMÓN

HOXE TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA!!
VEU VISITARNOS O DRAGÓN RAMÓN QUE É MOI AMIGO DA PROFE ALBA.
PARTICIPAMOS EN TRES PROBAS QUE TIÑAMOS QUE SUPERAR PARA QUE FOSE O NOSO AMIGO.
RETO CONSEGUIDO!! XA É O NOSO AMIGO!!
CANTAMOS CON RAMÓN A SÚA CANCIÓN E DESPEDÍMONOS DEL CUNS ABRAZOS MOI GRANDES.
PASÁMOLO XENIAL!!

https://goo.gl/photos/T69dK1Moq1L9bDZN9

4/6/17

O PAPÁ DE MARIO VEU AO COLE

MARIO TROUXO AO COLE UN LUCIÓN ( TAMÉN CHAMADA CRISTALINA) E O SEU PAPÁ VEU VISITARNOS PARA CONTARNOS ALGUNHAS COSIÑAS DESTE REPTIL.
INVITAMOS AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS - B A NOSA AULA PARA QUE ESCOITARAN A INFORMACIÓN.
ESTIVEMOS MOI ATENTOS E ATENTAS E AO REMATAR PUIDEMOS TOCALA A MODIÑO PARA QUE NON SE ASUSTARA.
AGORA XA SABEMOS MOITAS COUSAS DO LUCIÓN:
- NON É UNHA SERPE PORQUE TEN PÁLPEBRAS.
- É UN LAGARTO ÁPODO (SEN PATAS).
- AS CRÍAS NACEN DE OVOS.
- NON LLE GUSTA O SOL. AGÓCHASE DEBAIXO DAS PEDRAS.
- ABUNDA EN GALICIA.
- NON É PERIGOSA.....


https://goo.gl/photos/TzXDqSeAf84WVzSp8

CARLOS CASARES

DURANTE O MES DE MAIO ESTIVEMOS TRABALLANDO COA VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES.
ALGÚS NENOS E NENAS TROXERON LIBROS DESTE ESCRITOR PARA LER NA AULA.
DISFRUTAMOS MOITO COAS LECTURAS DE" A GALIÑA AZUL" , " ESTE É TORIBIO"....
TAMÉN NOS GUSTOU O LIBRO DA COLECCIÓN DOS BOLECHAS : " CARLOS CASARES"

https://goo.gl/photos/33SBkoDqE6J22JCWA

CERTAME DE POESÍA

PARA SEGUIR COA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS O VENRES 19 DE MAIO TIVEMOS NO COLE O XXV CERTAME DE POESÍA.
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS INVENTAMOS POESÍAS IMITANDO A GLORIA FUERTES:
 "COMO SE DEBUXA UNHA ABELLA" ( 5 ANOS - A ), "COMO SE DEBUXA UNHA FLOR" ( 5 ANOS - B ).
RECITAMOS AS NOSAS POESÍAS PARA TODO O ALUMNADO DE INFANTIL NO ESCENARIO MONTADO NO PATIO. FIXÉMOLO XENIAL!!
RECIBIMOS UNS AGASALLOS: UN DIPLOMA E UN CONTO PARA A AULA.
A CELEBRACIÓN REMATOU COAS ACTUACIÓNS DE NENOS E NENAS DE 5º E 6º ( RAPS ) E DO CORO DO COLEXIO.


https://goo.gl/photos/K48EHTZ8n5jHNn7w5

CONCERTO DE PABLO DÍAZ

O MARTES 16 DE MAIO TIVEMOS NO COLE O CONCERTO DE PABLO DÍAZ " TIC, TAC TOC" PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
GOZAMOS MOITO COAS SÚAS CANCIÓNS E ACABAMOS BAILANDO. PASÁMOLO XENIAL!!


https://goo.gl/photos/NhGknhKMtsYgKTju6

2/6/17

MURAL DE GLORIA FUERTES

VISITAMOS O MURAL DE GLORIA FUERTES REALIZADO POLO ALUMNADO DO COLE.
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS -A DECORAMOS A PROTAGONISTA DA POESÍA "DOÑA PITO PITURRA" E OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS-B A POESÍA "LA GALLINITA"
https://goo.gl/photos/9kxJwz1qvqZBUMUZ8

10/5/17

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

O VENRES 28 DE ABRIL FOMOS DE EXCURSIÓN A GRANXA DE APICULTURA "APÍPOLIS".
NO AUTOBÚS ÍBAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS.
CANDO CHEGAMOS ESTÁBANNOS ESPERANDO UNS MONITORES , REPARTÍRONNOS EN DOUS GRUPOS PARA PARTICIPAR EN VARIOS TALLERES. VISITAMOS O APIARIO COS TRAXES DE APICULTOR, ELABORAMOS GALLETAS DE MEL, FABRICAMOS VELAS CON CERA, CENTRIFUGAMOS O MEL, VISITAMOS A AULA DE EXPOSICIÓNS ONDE ESTABAN UNHAS COLMEAS DE CRISTAL QUE NOS PERMITIRON VER A ORGANIZACIÓN DA COLMEA POR DENTRO E FOMOS CAPACES DE IDENTIFICAR A ABELLA RAÍÑA ENTRE TODAS AS DEMÁIS.TAMEN TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS.
PASÁMOLO XENIAL!!!

https://goo.gl/photos/z4rBT8VoQUhNoacS7

3/5/17

OBRADOIRO DE OFICIOS ANTIGOS

O VENRES 21 DE ABRIL ASISTIMOS A UN OBRADOIRO DE OFICIOS ANTIGOS NA SEDE AFUNDACIÓN.
PRIMEIRO FALÁRONNOS DE ALGÚNS OFICIOS: FAREIRO, ZOQUEIRO, CESTEIRO, RELOXEIRO...E VIMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS DESTES OFICIOS.
PARA REMATAR PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO E DECORAMOS UN ZOCO.
RECIBIMOS UNS AGASALLOS POR PORTARNOS MOI BEN.
PASÁMOLO XENIAL!!

https://goo.gl/photos/fcUqFKU4v243pAkQ7

CHEGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO, POLAS LETRAS GALEGAS, HOMENAXÉASE A CARLOS CASARES.
Imagen relacionada
CARLOS CASARES ESCRIBIU MOITAS HISTORIAS DAS QUE NOS GUSTAN, POR EXEMPLO UNHA QUE FALA DUNHA GALIÑA AZUL.
Resultado de imagen de A GALIÑA AZUL

AS NOSAS MASCOTAS MANDÁRONNOS UNHA CARTA PARA QUE TRABALLEMOS UN POUQUIÑO SOBRE A VIDA E A OBRA DE CARLOS CASARES E IMOS FACELO NESTES DÍAS.
ADEMAIS ESTAMOS PREPARANDO UN POEMA PARA PRESENTALO AO CERTAME DE POESÍA DO COLE QUE, NESTE CURSO, XA CELEBRA A XXV EDICIÓN.

27/4/17

E MAÑÁ ... IMOS A APÍPOLIS

MAÑÁ TEMOS UNHA SAÍDA PARA INFORMARNOS MÁIS SOBRE AS ABELLAS, O QUE PRODUCEN E COMO.
TEMOS MOITA ILUSIÓN POR IR... XA VOS CONTAREMOS!

26/4/17

CHARLA DO PROFE SUSO

O PROFE SUSO, QUE TAMÉN É APICULTOR, VEU Á NOSA CLASE PARA EXPLICARNOS MOITAS COUSAS SOBRE AS ABELLAS. TROUXO TRAXES DE APICULTOR, PANAIS E ALGÚNS APARELLOS QUE USAN AS APICULTORAS E OS APICULTORES. TAMÉN NOS TROUXO MEL QUE FABRICARON AS SÚAS ABELLAS.
AO DÍA SEGUINTE COMEMOS TORRADAS CON MEL. ESTABAN BOÍSIMAS!!

https://goo.gl/photos/nywYaqYxxtjyosXNA

25/4/17

AS ABELLAS

DAS ABELLAS SABEMOS MOITÍSIMO!
PERO INDA QUEREMOS APRENDER MÁIS PORQUE IMOS IR VISITAR UNHA GRANXA NA QUE AS CRÍAN.
IMOS APRENDER COMO FABRICAN O MEL, COMO FAN A CERA, COMO USAMOS O MEL E A CERA PARA FACER COUSAS E ALIMENTOS...
Resultado de imagen de ABEJAS GIF
Resultado de imagen de ABEJAS GIF

ADEMAIS O PROFE SUSO CONTARANOS MOITAS COUSAS QUE SABE DAS ABELLAS. IMOS FACERLLE MOITAS PREGUNTAS

20/4/17

O DÍA DO LIBRO CON GLORIA FUERTES

NA CLASE TRABALLAMOS SOBRE GLORIA FUERTES.
ESTE ANO LAMPI QUERE FACERLLE UN MURAL NA BIBLIOTECA E PEDIUNOS QUE FIXERAMOS ALGO SOBRE ESTA ESCRITORA.
ADEMAIS ESTAMOS APRENDENDO UNHA POESÍA DELA, IMOS RECITALA...XA VEREDES QUE BEN O FACEMOS!
ÁS AULAS CHÉGANNOS LIBROS QUE ESCRIBIU GLORIA. GÚSTANNOS MOITO AS SÚAS POESÍAS!
Imagen relacionada

7/4/17

PLANTAMOS POESÍA

XOGAMOS COAS PALABRAS QUE RIMAN E ... PLANTAMOS POESÍA!


TRABALLAMOS SOBRE OS POEMAS PORQUE NO COLEXIO PRONTO HOMENAXEAREMOS A GLORIA FUERTES (UNHA POETA MOI COÑECIDA) E ADEMAIS PARTICIPAREMOS NO CERTAME DE POESÍA...

6/4/17

GRAVAMOS PARA ONDA CERO

O VENRES 24 DE MARZO OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS GRAVAMOS PARA O PROGRAMA "DALLE A LINGUA" DE ONDA CERO A NOSA ADAPTACIÓN DOS CONTOS: "OS TRES PORQUIÑOS" (4 ANOS-A) E "CARAPUCHIÑA VERMELLA" (4 ANOS-B) NA BIBLIOTECA DO COLEXIO.
FIXÉMOLO XENIAL!!


UNS DÍAS DESPOIS A PROFE ALBA GRAVOUNOS NAS NOSAS AULAS E MIRADE QUE BEN NOS SAIU!!

Unha infancia feliz: Reinventamos "Os tres porquiños" from Alba Blanco on Vimeo.


Unha infancia feliz: Reinventamos "Carapuchiña Vermella" from Alba Blanco on Vimeo.

MOITAS GRAZAS PROFE ALBA!!

22/3/17

LABORATORIO

O VENRES 17 DE MARZO ESTIVEMOS NO LABORATORIO PARA OBSERVAR O ESQUELETO HUMANO E VIMOS OS DISTINTOS ÓSOS QUE O FORMAN.
TOCAMOS OS ÓSOS PARA NOTAR A SÚA DUREZA.
TAMÉN VIMOS O CEREBRO E OBSERVAMOS COMO ESTÁ PROTEXIDO POLO CRANIO.


https://goo.gl/photos/DicvB6kQ4py8hHGcA

19/3/17

ESQUELETO

O EQUIPO "MARILUZ AVESTRUZ" INVESTIGOU NA SÚA CASA O ESQUELETO HUMANO. TROUXERON INFORMACIÓN E EXPLICÁRONA NA ASEMBLEA.

14/3/17

EXPERIENCIA NO LABORATORIO

HOXE AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS SUBIMOS AO LABORATORIO PARA EXPERIMENTAR COAS NOSAS MANS.
MESTURAMOS BICARBONATO E AUGA, AMASAMOS E ...MAXIA. NAS NOSAS MANS TIÑAMOS NEVE.
COA NEVE XOGAMOS A FACER BONECOS, BOLAS,FIGURAS.... E ATA COLOCAMOS ANIMAIS E QUEDARON MARCADAS AS SÚAS PEGADAS NA NEVE .
https://goo.gl/photos/YFaA6zcgyL32d75w7

10/3/17

TEATRO NO PAZO DA CULTURA

HOXE ESTIVEMOS NO PAZO DA CULTURA PARA VER A OBRA "XOGA".
DISFRUTAMOS MOITO COA DANZA E A MÚSICA.
AO REMATAR A FUNCIÓN ESTIVEMOS CON ORBIL, A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO.


https://goo.gl/photos/o81ffQ6KddkxaMZC6