10/5/17

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

O VENRES 28 DE ABRIL FOMOS DE EXCURSIÓN A GRANXA DE APICULTURA "APÍPOLIS".
NO AUTOBÚS ÍBAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS.
CANDO CHEGAMOS ESTÁBANNOS ESPERANDO UNS MONITORES , REPARTÍRONNOS EN DOUS GRUPOS PARA PARTICIPAR EN VARIOS TALLERES. VISITAMOS O APIARIO COS TRAXES DE APICULTOR, ELABORAMOS GALLETAS DE MEL, FABRICAMOS VELAS CON CERA, CENTRIFUGAMOS O MEL, VISITAMOS A AULA DE EXPOSICIÓNS ONDE ESTABAN UNHAS COLMEAS DE CRISTAL QUE NOS PERMITIRON VER A ORGANIZACIÓN DA COLMEA POR DENTRO E FOMOS CAPACES DE IDENTIFICAR A ABELLA RAÍÑA ENTRE TODAS AS DEMÁIS.TAMEN TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS.
PASÁMOLO XENIAL!!!

https://goo.gl/photos/z4rBT8VoQUhNoacS7

No hay comentarios:

Publicar un comentario