24/5/18

MENSAXE NA BOTELLA

CANDO VIAXAMOS NO CATAMARÁN LANZAMOS AO MAR DÚAS BOTELLAS CUNHA MENSAXE DENTRO.
PEDÍAMOSLLE A PERSOA QUE AS ATOPARA QUE POR FAVOR SE PUXESE EN CONTACTO CON NOS, POR CARTA, CORREO ELECTRÓNICO OU TELÉFONO.
QUE SORPRESA TIVEMOS ESTA SEMANA!!
UNHA PERSOA  ESCRIBIUNOS UN CORREO ELECTRÓNICO DICINDO QUE ATOPARA A BOTELLA DA CLASE DE 5 ANOS-B NUNHA PRAIA DA ILLA DE AROUSA. TAMÉN NOS REMITIU AS FOTOS QUE LLE SACOU A BOTELLA.
A PROFE VICTORIA ESCRIBIULLE UN CORREO ELECTRÓNICO  DÁNDOLLE AS GRAZAS.

TEMOS XA A BOTELLA NA CLASE, A PERSOA QUE A ATOPOU REMITÍUNOLA NUN PAQUETE POR CORREO.
AGORA ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN A QUE ALGUÉN ATOPE A BOTELLA DA CLASE DE 5 ANOS- A

22/5/18

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS

O LUNS 21 DE MAIO, TIVEMOS O TRADICIONAL CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS NO COLEXIO.
PACO NOGUEIRAS CO ESPECTÁCULO " RADIO BULE BULE" FOI O ENCARGADO DE DELEITARNOS COAS SÚAS CANCIÓNS NAS QUE O ALUMNADO PUIDO PARTICIPAR.
PASÁMOLO XENIAL! DIVERTÍMONOS MOITO!

LETRAS GALEGAS 2018

O MÉRCORES 16 DE MAIO CELEBRAMOS NO COLE "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
ANTES DO RECREO O ALUMNADO DE E. INFANTIL RECITOU AS POESÍAS NO ESCENARIO MONTADO NO PATIO. O ALUMNADO DE E. PRIMARIA FIXOO DESPOIS DO RECREO.
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS-A RECITAMOS O POEMA " OS ANIMAIS DO MAR".
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS-B RECITAMOS A POESÍA " O PEIXIÑO"
FIXÉMOLO TAN BEN QUE A DIRECTORA ENTREGOUNOS UN DIPLOMA E UN CONTO EN GALEGO PARA A CLASE.
A CELEBRACIÓN REMATOU COA ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO QUE INTERPRETOU UNHA REGUEIFA.

21/5/18

SESIÓN DE RELAXACIÓN

O MARTES 15 DE MAIO AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS -A TIVEMOS UNHA SESIÓN DE RELAXACIÓN NA BIBLIOTECA.
COA MONITORA FIXEMOS EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN, ENSINOUNOS A RELAXARNOS PARA SENTIRNOS MELLOR, ESTAR TRANQUILOS, SER FELICES...

14/5/18

MOITO MÁIS DO MAR

SEGUIMOS TRAENDO MÁIS COUSIÑAS RELACIONADAS CO MAR PARA EXPLICAR AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NA ASEMBLEA.


10/5/18

EXCURSIÓN A "O GROVE"

HOXE TODO O ALUMNADO DE 5 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN A "O GROVE".
LEVÁBAMOS UNS DÍAS MOI IMPACIENTES PORQUE ESTÁBAMOS DESEXANDO QUE CHEGARA O DIA 10 DE MAIO PARA VISITAR O ACUARIO E VIAXAR EN BARCO .
ONTE CADA CLASE ESCRIBIMOS UNHA MENSAXE PARA METER NUNHA BOTELLA E PODER LANZALA HOXE AO MAR.
AS 9 DA MAÑA MOI EMOCIONADAS E EMOCIONADOS SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA IR A "O GROVE".
MIRADE QUE CONTENTAS E CONTENTOS ESTAMOS!



CHEGAMOS A "O GROVE" AS 10 DA MAÑÁ E PRIMEIRO FOMOS VISITAR O ACUARIO.
ALÍ REPARTÍRONNOS EN TRES GRUPOS E CADA UN ÍA ACOMPAÑADO DUN MONITOR QUE NOS EXPLICABA COUSIÑAS DOS ANIMAIS MARIÑOS QUE HABÍA NO ACUARIO: DIFERENTES TIPOS DE  PEIXES, MOLUSCOS, CRUSTÁCEOS, CABALIÑOS DE MAR, MEDUSAS...
TAMÉN VISITAMOS O PEQUENO MUSEO QUE TEN O ACUARIO ONDE PUDIMOS VER A TARTARUGA MÁIS GRANDE, ESQUELETES DE GOLFIÑOS,...
AO REMATAR A VISITA MERENDAMOS.



DESPOIS DA MERENDA SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA IR AO PORTO DE "O GROVE".
SUBIMOS AO CATAMARÁN PARA VIAXAR DURANTE UNHA HORA POLA RÍA DE AROUSA.
NO CATAMARÁN SENTÁMONOS PARA DEGUSTAR MEXILÓNS E BEBER AUGA E REFRESCOS.
MIRAMOS AS BATEAS DENDE O BARCO E BAIXAMOS POR UNHAS ESCALEIRAS PARA VER O FONDO MARIÑO.
JULIA E ARNAU (OS ENCARGADOS DE HOXE) LANZARON AS BOTELLAS COAS MENSAXES AO MAR.
AO FINAL REMATAMOS BAILANDO COA MÚSICA.
A UNHA SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA REGRESAR AO COLE.
PASÁMOLO XENIAL!!
ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS DECÍAN QUE NON QUERÍAN VOLVER E QUE QUERÍAN REPETIR A EXCURSIÓN.

ANTÓN COMODÓN

ONTE O ALUMNADO DE 5 ANOS FOMOS A O AUDITORIO DE AFUNDACIÓN PARA VER A OBRA DE TEATRO CON TÍTERES: "ANTÓN COMODÓN"
DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!

6/5/18

OS MOLUSCOS

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO OS MOLUSCOS:
-MOLUSCOS CON CUNCHA: AMEIXA, VIEIRA, NAVALLA, MEXILÓN, OSTRA, LAPA,...
-MOLUSCOS SIN CUNCHA: POLBO, CALAMAR, CHOCO (MOLUSCOS CEFALÓPODOS).
OBSERVAMOS AS CUNCHAS DE MOLUSCOS QUE TROUXERON ELÍAS, ANTÍA, NOA E LAURA.