HOXE TODO O ALUMNADO DE 5 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN A "O GROVE".
LEVÁBAMOS UNS DÍAS MOI IMPACIENTES PORQUE ESTÁBAMOS DESEXANDO QUE CHEGARA O DIA 10 DE MAIO PARA VISITAR O ACUARIO E VIAXAR EN BARCO .
ONTE CADA CLASE ESCRIBIMOS UNHA MENSAXE PARA METER NUNHA BOTELLA E PODER LANZALA HOXE AO MAR.
AS 9 DA MAÑA MOI EMOCIONADAS E EMOCIONADOS SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA IR A "O GROVE".
MIRADE QUE CONTENTAS E CONTENTOS ESTAMOS!
CHEGAMOS A "O GROVE" AS 10 DA MAÑÁ E PRIMEIRO FOMOS VISITAR O ACUARIO.
ALÍ REPARTÍRONNOS EN TRES GRUPOS E CADA UN ÍA ACOMPAÑADO DUN MONITOR QUE NOS EXPLICABA COUSIÑAS DOS ANIMAIS MARIÑOS QUE HABÍA NO ACUARIO: DIFERENTES TIPOS DE PEIXES, MOLUSCOS, CRUSTÁCEOS, CABALIÑOS DE MAR, MEDUSAS...
TAMÉN VISITAMOS O PEQUENO MUSEO QUE TEN O ACUARIO ONDE PUDIMOS VER A TARTARUGA MÁIS GRANDE, ESQUELETES DE GOLFIÑOS,...
AO REMATAR A VISITA MERENDAMOS.
DESPOIS DA MERENDA SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA IR AO PORTO DE "O GROVE".
SUBIMOS AO CATAMARÁN PARA VIAXAR DURANTE UNHA HORA POLA RÍA DE AROUSA.
NO CATAMARÁN SENTÁMONOS PARA DEGUSTAR MEXILÓNS E BEBER AUGA E REFRESCOS.
MIRAMOS AS BATEAS DENDE O BARCO E BAIXAMOS POR UNHAS ESCALEIRAS PARA VER O FONDO MARIÑO.
JULIA E ARNAU (OS ENCARGADOS DE HOXE) LANZARON AS BOTELLAS COAS MENSAXES AO MAR.
AO FINAL REMATAMOS BAILANDO COA MÚSICA.
A UNHA SUBIMOS AO AUTOBÚS PARA REGRESAR AO COLE.
PASÁMOLO XENIAL!!
ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS DECÍAN QUE NON QUERÍAN VOLVER E QUE QUERÍAN REPETIR A EXCURSIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario