3/6/18

VISITA AO MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

O XOVES 31 DE MAIO FOMOS VISITAR O MERCADO MUNICIPAL DA NOSA CIDADE.
MOI CONTENTAS E CONTENTOS SUBIMOS AO AUTOBÚS. AO CHEGAR RECIBIUNOS UNHA MONITORA QUE NOS FIXO DE GUIA POLAS DISTINTAS SECCIÓNS DO MERCADO.
COMEZAMOS A VISITA POLA CARNICERÍA E OBSERVAMOS O QUE SE PODE MERCAR AQUÍ: CARNE DE TERNEIRA, DE PORCO, POLOS ...
O DONO EXPLICOUNOS O QUE ERA O TOUCIÑO E QUE ANTIGAMENTE , ADEMÁIS DE PARA COCIÑAR, EMPREGÁBASE PARA LUSTRAR E IMPERMEABILIZAR O CALZADO.



CONTINUAMOS POLOS POSTOS DE PEIXES ONDE VIMOS DISTINTOS TIPOS : MERLUZA, RAPE, RUBIO, XURELO, SARDIÑA... E PUIDEMOS OBSERVAR OS OLLOS, DENTES, LINGUA, BRANQUIAS E ALETAS DOS PEIXES.



SEGUIMOS A NOSA VISITA FACENDO UNHA PARADA NOS MARISCOS ( CIGALA, NÉCORA , CENTOLA, PERCEBES, BOGAVANTE, BERBERECHOS,...) E OBSERVAMOS QUE ESTABAN VIVOS E QUE SE MOVÍAN.



DESPOIS VISITAMOS TRES CÁMARAS FRIGORÍFICAS ( DA CARNE, PEIXE E VERDURAS) NO SÓTANO DO MERCADO. QUÉ FRÍO FACÍA ALI!
A CONTINUACIÓN SUBIMOS A PRIMEIRA PLANTA PARA VISITAR O POSTO DE FROITAS E VERDURAS E OBSERVAMOS DISTINTOS TIPOS.



POR ÚLTIMO FOMOS A LUDOTECA DO MERCADO "GANAPÁN" ONDE DECORAMOS UN MARCAPÁXINAS E DEGUSTAMOS PATÉ DE NÉCORA. ESTABA BOÍSIMO!
COMO NOS PORTAMOS TAN BEN E ESTIVEMOS MOI ATENTAS E ATENTOS A FLORISTA LOLI DEUNOS UN AGASALLO (UN CONTO, UN GLOBO E UNHA PIRULETA) .
GOZAMOS MOITO CON ESTA VISITA AO MERCADO!!



AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS -B TAMÉN VISITAMOS O MERCADO.
A GUÍA LEVOUNOS POLAS DISTINTAS SECCIÓNS DO MERCADO E OBSERVAMOS E ESCOITAMOS CON ATENCIÓN AS SÚAS EXPLICACIÓNS.
REMATAMOS A VISITA NA LUDOTECA "GANAPÁN" SITUADA NA PLANTA SUPERIOR ONDE DECORAMOS UN MARCAPÁXINAS E DEGUSTAMOS O PATÉ DE NÉCORA. ESTABA RIQUÍSIMO!!
A FLORISTA LOLI TAMÉN NOS DEU O AGASALLO!!
PASÁMOLO XENIAL!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario