30/3/20

ELABORACIÓN DUNHA RECEITA SAUDABLE


Ola familias,
Como nestes días estamos na casa... Seguro que colaboramos na elaboración de merendas-comidas e/ou  probamos merendas-comidas diferentes, mesmo experimentamos con sabores e mesturas diversas...
Sería bo que as compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros, non imos permitir que algo tan apetitoso quede no anonimato!!. Faremos as Receitas Vilaverde para "quedar na casa". Para iso:
1. Poñeremos  o nome da nosa receita (título)
2. Faremos fotos
3. Mandaremos  o título, a receita  e/ou  unha foto de como nos quedou, ou de como a comemos o manxar...  ao correo do noso blog: bichitosvila@gmail.com
Saúdos afectuosos.
Pode ter os  formatos seguintes, e enviar en formato JPG.
Prazo de entrega venres 3 de abril

O DEBUXANTE DE ASTERIX E OBELIX: ALBERT UDERZO

OLA FAMILIAS,
A ACTIVIDADE PLÁSTICA PARA ESTA SEMANA É  ADICADA A ALBERT UDERZO, O CREADOR DE ASTERIX E OBELIX. PRIMEIRO MIRADE ESTES VÍDEOS ADICADOS A EL.
E MÁIS ABAIXOOOO.... SORPRESA!!!!


UDERZO DEBUXA A ASTERIX:


PINCHA NA FOTO PARA VER O VÍDEO:


AGORA PODEDES VER A PELÍCULA " ASTERIX Y CLEOPATRA":


PARA ACABAR O TRABALLO TENDES QUE FACER UN DEBUXO DO PERSONAXE QUE MÁIS VOS GUSTE OU DUNHA ESCENA DA PELÍCULA. PODEDES UTILIZAR OS MATERIAIS E TÉCNICAS QUE PREFIRADES. O PRAZO DE ENTREGA SERÁ O VENRES 3 DE ABRIL EN ARQUIVO JPG AO  CORREO. MONTAREMOS CON TODOS OS DEBUXOS UNHA PRESENTACIÓN QUE ESPEREMOS QUE VOS GUSTE. A GOZAR!!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

PRESENTAMOS UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA QUE O ALUMNADO POIDA REALIZAR NESTA SEMANA. PARA ESTAS PROPOSTAS PÓDENSE ATOPAR RECURSOS NA MARXE DEREITA E EN ENTRADAS POSTERIORES A ESTA: 

27/3/20

QUEN É?

BUSCA INFORMACIÓN SOBRE ALBERT UDERZO. QUEN É?. GRÁVATE DURANTE UN MINUTO  EXPLICÁNDOO E ENVÍAO AO CORREO. O PRAZO É ATA O MARTES DÍA 31
ÁNIMO!!! QUE É MOI SINXELO !!!

AGASALLO ÁS FAMILIAS:"QUÉROTE MAIS"

Ola familias, O profesorado e o persoal non docente do CEIP Vilaverde-Mourente quere facervos chegar a todos e a todas o seu agarimo e ánimo a través dunha cantiga. Esperamos que vos guste este
agasallo.

 .

26/3/20

PLÁSTICA: COMO VEDES A PRIMAVERA?

Bos días querido alumnado, como vedes as vosas profes estamos traballando moito para que poidades seguir aprendendo, aínda que teña que ser deste xeito. Para a materia de Plástica propómosvos que fagades un debuxo de como vedes a primavera. Podedes utilizar distintos materiais: lapis de cores, rotuladores, témpera, collage utilizando distintas texturas(diferentes papeis, cartón, telas vellas,vendas e obxectos pequenos de xoguetes rotos que poidades colar). Gustaríanos que os resultados os enviedes co voso nome ao correo bichitosvila@gmail.com. Así poderemos colgalos e tod@s veredes o resultado. Día último de envío o próximo luns 30 de marzo, así poderemos facer unha presentación bonita con tod@s. Biquiños das vosas profes e animádevos!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

PRESENTÁMOSVOS UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA QUE AS NENAS E OS NENOS POIDAN TRABALLAR NESTES DÍAS:

23/3/20

ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

QUERIAMOS COMENTARLLES ÁS FAMILIAS QUE SE REORGANIZARON AS ACTIVIDADES POSIBLES DE REPASO. CONTINÚAN NA PARTE DEREITA DESTE BLOG E ESTÁN CLASIFICADAS POR MATERIAS DA SEGUINTE MANEIRA:
-ACTIVIDADES - MATEMÁTICAS.
-ACTIVIDADES - LINGUA CASTELÁ.
-ACTIVIDADES - LINGUA GALEGA.
-ACTIVIDADES - CIENCIAS.
-ACTIVIDADES - PLÁSTICA.
-ACTIVIDADES - RELIXIÓN.
-VÍDEOS - VALORES (PARA REFLEXIONAR SOBRE O VISTO).
-ENLACE AO BLOG DE INGLÉS (SELECCIONAR:"ACTIVITIES - STAY AT HOME - 2ND GRADE").
-ENLACE AO BLOG DE MÚSICA.
-ENLACE AO BLOG DE EF.
ESTAS ACTIVIDADES SON UNICAMENTE UNHAS PROPOSTAS QUE FACEMOS PARA FACILITARVOS O TRABALLO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES. NON SON, POIS, OBRIGATORIAS NIN AVALIABLES, E PODEDES ESCOLLER AS QUE VOS RESULTEN MÁIS INTERESANTES. O MÁIS IMPORTANTE NESTES MOMENTOS É QUE ESTEAMOS O MELLOR POSIBLE DE ÁNIMO PARA AFRONTAR ESTA SITUACIÓN; AÍNDA ASÍ, RECOMENDAMOS MANTER UN HÁBITO DE TRABALLO DIARIO (SOBRE TODO DE LUNS A VENRES), E SEMPRE E CANTO ISTO SEXA POSIBLE.

ENGADIMOS, TAMÉN, UN FALADOIRO PARA QUE AS NENAS E NENOS POIDAN DEIXAR OS SEUS COMENTARIOS SE ASÍ O DESEXAN.

RECORDAMOS QUE, SE VOS APETECE, NOS PODEDES SEGUIR ENVIANDO OS VOSOS CARTEIS CO LEMA "QUÉDATE EN CASA" AO CORREO bichitosvila@gmail.com .
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE XA FORON COLABORANDO.

13/3/20

PROPOSTAS DE TRABALLO

OLA FAMILIAS! 

PROPOÑEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 

-LECTURA DIARIA E ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA SOBRE O 
 LIDO.
-ESCRITURA DIARIA (PODE SER LIBRE OU DIRIXIDA MEDIANTE COPIAS OU
 DITADOS).  
-REPASO DE SUMAS E RESTAS, SOBRE TODO CON LEVADAS, ADEMAIS DAS
 TÁBOAS DE MULTIPLICAR TRABALLADAS E DE MULTIPLICACIÓNS POR
 UNHA CIFRA. 
-RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS COAS OPERACIÓNS MATEMÁTICAS 
 TRABALLADAS.

NA MARXE SUPERIOR DEREITA DO NOSO BLOG PUXEMOS ACTIVIDADES VARIADAS PARA QUE O ALUMNADO POIDA IR TRABALLANDO AO LONGO DESTES DÍAS: ACTIVIDADES DE REFORZO E LIMS

PARA TRABALLAR A MATERIA DE INGLÉS PÓDESE ACCEDER DENDE http://vilaverdeenglish.blogspot.com/ E ATOPARANSE RECURSOS NOS APARTADOS NOS QUE POÑA 2ND GRADE.