23/3/20

ACTIVIDADES DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

QUERIAMOS COMENTARLLES ÁS FAMILIAS QUE SE REORGANIZARON AS ACTIVIDADES POSIBLES DE REPASO. CONTINÚAN NA PARTE DEREITA DESTE BLOG E ESTÁN CLASIFICADAS POR MATERIAS DA SEGUINTE MANEIRA:
-ACTIVIDADES - MATEMÁTICAS.
-ACTIVIDADES - LINGUA CASTELÁ.
-ACTIVIDADES - LINGUA GALEGA.
-ACTIVIDADES - CIENCIAS.
-ACTIVIDADES - PLÁSTICA.
-ACTIVIDADES - RELIXIÓN.
-VÍDEOS - VALORES (PARA REFLEXIONAR SOBRE O VISTO).
-ENLACE AO BLOG DE INGLÉS (SELECCIONAR:"ACTIVITIES - STAY AT HOME - 2ND GRADE").
-ENLACE AO BLOG DE MÚSICA.
-ENLACE AO BLOG DE EF.
ESTAS ACTIVIDADES SON UNICAMENTE UNHAS PROPOSTAS QUE FACEMOS PARA FACILITARVOS O TRABALLO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES. NON SON, POIS, OBRIGATORIAS NIN AVALIABLES, E PODEDES ESCOLLER AS QUE VOS RESULTEN MÁIS INTERESANTES. O MÁIS IMPORTANTE NESTES MOMENTOS É QUE ESTEAMOS O MELLOR POSIBLE DE ÁNIMO PARA AFRONTAR ESTA SITUACIÓN; AÍNDA ASÍ, RECOMENDAMOS MANTER UN HÁBITO DE TRABALLO DIARIO (SOBRE TODO DE LUNS A VENRES), E SEMPRE E CANTO ISTO SEXA POSIBLE.

ENGADIMOS, TAMÉN, UN FALADOIRO PARA QUE AS NENAS E NENOS POIDAN DEIXAR OS SEUS COMENTARIOS SE ASÍ O DESEXAN.

RECORDAMOS QUE, SE VOS APETECE, NOS PODEDES SEGUIR ENVIANDO OS VOSOS CARTEIS CO LEMA "QUÉDATE EN CASA" AO CORREO bichitosvila@gmail.com .
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE XA FORON COLABORANDO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario