20/4/20

PROPOSTAS PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

1. RETO MATEMÁTICO:                    PINCHADE AQUÍ 

2. TÁBOAS MULTIPLICAR:               PINCHADE AQUÍ 

3. CANCIÓNS TÁBOAS.    PINCHADE AQUÍ               PINCHADE AQUÍ 

4. CANCIÓN "Os números" de María Fumaça.          PINCHADE AQUÍ

5. RETO COMPRENSIÓN LECTORA:                          PINCHADE AQUÍ

6. DITADOS MP- MB:        PINCHADE AQUÍ               PINCHADE AQUÍ

7. ESCRIBIMOS HISTORIAS CO RATIÑO DE GIANNI RODARI.

Este ano é o centenario do nacemento de Gianni Rodari  ilustre escritor, mestre, pedagogo e xornalista italiano. Sería bo que partindo deste anaquiño de relato da súa obra “Contos por teléfono”.
” Un ratiño dos cómics, cansado de vivir entre as páxinas dun xornal e desexando cambiar o sabor do papel polo do queixo, deu un bo salto e atopou…  “
Elaboremos un contiño ou unha historia. Tamén faremos a ilustración do noso relato, para que despois fagamos o libriño conxunto de nivel “Escribimos historias co ratiño de Gianni Rodari”.
Mandaremos o  relato cun título e o debuxo  ao correo do noso blog co nome do/da alumno/a  e curso: bichitosvila@gmail.com
Se queredes podedes utilizar estas plantillas.

                                               Saúdos agarimosos.


8. LINGUA INGLESA:
Hi, girls and boys!!How are yoy feeling?

Ola rapac@s ! Cómo estades? Agardo que tod@s esteades ben.Ánimo que xa falta pouco para que poidades saír pasear...

Xa que estades a traballar os números coas titoras,se vos apetece imos repasar tamén os números en inglés,pero ,polo de agora,comezaremos do 1 ao 20.Tedes aquí 4 enlaces de cancións que xa vimos na clase:

COUNTING 1 TO 20 /TALKING FLASHCARDS   https://www.youtube.com/watch?v=aqIa6iYfyJ4





Tamén vos achego estoutro con varias actividades para facer on line e que vos mesmos podedes autocorrexir:

E por se queredes imprimir e facer na casa,tedes dúas posibilidades máis:

FIND THE MISSING LETTERS 

WRITE CORRECTLY AND  COLOUR

Se aínda vos quedan ganas de facer cousas en inglés ,podedes entrar no meu blog e atoparedes máis cousas para facervos o confinamento máis ameno .Ata pronto.Coidádevos moito.Un bicoooo graaandeeee...Bye for now !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario