3/3/18

EXPERIMENTAMOS NO LABORATORIO

O XOVES FOMOS AO LABORATORIO PARA FACER EXPERIMENTOS RELACIONADOS CO NOSO PROXECTO : " O MAR".

PRIMER EXPERIMENTO: FACER AUGA DE MAR

CADA EQUIPO TIÑA UNHA CUBETA DE CRISTAL CON AUGA DO GRIFO.
PRIMEIRO PROBAMOS A AUGA E COMPROBAMOS QUE ERA DOCE.
QUERÍAMOS QUE FORA COMA A DO MAR E CADA NENO E CADA NENA DO EQUIPO BOTOULLE UNHA CULLERADA DE SAL E REMEXEMOS ATA A SÚA DISOLUCIÓN.
VOLVEMOS A PROBAR A AUGA E AGORA ERA SALGADA, PARECÍA AUGA DE MAR.



SEGUNDO EXPERIMENTO:EVAPORACIÓN DA AUGA E ...

UN MEMBRO DE CADA EQUIPO COLLEU UNHA CULLERADA DE AUGA SALGADA E BOTOUNA NUN PRATIÑO DE CRISTAL E  AGORA IMOS ESPERAR UNS DÍAS ATA QUE SE EVAPORE A AUGA. QUÉ PASARÁ?

  

TERCEIRO EXPERIMENTO: FLOTACIÓN

INTRODUCIMOS VARIOS OBXECTOS NA AUGA SALGADA (PINZAS, GOMAS, ESPONXAS, CORCHOS, CERAS, TEAS, CLIPS, PALILLOS, PLASTILINA,...) PARA VER CALES FLOTABAN E CALES SE AFUNDÍAN.



CUARTO EXPERIMENTO: QUE FLOTA MELLOR UNHA BALSA OU UN BARCO?

CADA EQUIPO TIÑA UNHA BALSA E UN BARCO DE PAPEL E PUSÉMOSLLE PASAXEIROS (BOLIÑAS DE PLASTILINA) E OBSEVAMOS QUE FLOTABAN MELLOR OS BARCOS.



QUINTO EXPERIMENTO : FACER QUE CORRA UN PEIXIÑO PRATEADO

MATERIAIS: PEIXIÑO DE PAPEL DE ALUMINIO, LAVAVAIXELAS
BOTAMOS UN POUQUIÑO DE LAVAVAIXELAS NUN DEDO E TOCAMOS A AUGA AO LADO DA ALETA CAUDAL DO PEIXIÑO E ESTE COMEZA A MOVERSE POLA AUGA.



DISFRUTAMOS MOITO COAS EXPERIENCIAS!!

A CLASE DE 5 ANOS-B  TAMÉN FOI O XOVES AO LABORATORIO E FIXO OS CINCO
EXPERIMENTOS.



PASÁMOLO XENIAL!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario