9/3/18

MURAL DO MAR

NO MES DE FEBREIRO COMEZAMOS A FACER O MURAL DO MAR.
PINTAMOS CON TRES TONALIDADES DE TÉMPERA AZUL AS TRES ZONAS DO MAR : ZONA ABISAL, ZONA INTERMEDIA E ZONA MÁIS SUPERFICIAL.
COMEZAMOS A INVESTIGAR OS ANIMAIS QUE VIVEN NAS GRANDES PROFUNDIDADES MARIÑAS ( ZONA ABISAL ) E EN CADA CLASE ELIXIMOS 12 ANIMAIS PARA DEBUXAR EMPREGANDO DISTINTOS MATERIAIS PLÁSTICOS.
POR EQUIPOS ELIXIMOS OS ANIMAIS, CADA EQUIPO TIÑA QUE FACER 2 ANIMAIS.
ESTÁBAMOS MOI EMOCIONADOS E EMOCIONADAS E ALGÚNS NENOS E NENAS SIN PETICIÓN PREVIA TROUXERON INFORMACIÓN DA CASA DO ANIMAL QUE LLES TOCOU DEBUXAR PARA EXPLICARLLES AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NA ASEMBLEA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario