29/1/21

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Imaxinades un mundo en paz, onde todos coidemos da natureza e vivamos en harmonía? Parece unha utopía, pero debemos traballar para logralo. A paz e o coidado do medio ambiente están moi relacionados. Por iso, este ano, o Día Mundial da Paz, que celebramos hoxe no cole, centrámolo na importancia de loitar contra o avance do cambio climático para protexer o noso planeta e promover a paz no mundo. Aquí vos deixamos os carteis realizados polo alumnado de 3º. FELIZ DÍA DA PAZ!!!