30/1/23

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Co gallo da celebración do Día Escolar da non Violencia e da Paz realizamos creacións en WordArt en lingua galega relacionadas con esta temática. No seguinte vídeo podedes ver varios dos nosos traballos. Agardamos que vos gusten!



18/1/23

TALLER DE ESCRITURA

Estes días estamos moi ocupadas e ocupados inventando contos e, así, practicamos varios aspectos da escritura e aproveitamos logo para contarllelos ás nosas compañeiras e compañeiros.

Estamos demostrando ter moita creatividade e, ademais, dramatizámolos moi ben!