15/4/20

PROPOSTA: FAMILIAS LECTORAS

Queridas familias,
As profes de 2º esperamos que tivesedes unha boa Semana Santa dentro das circunstancias nas que nos atopamos.

Comezamos o 3º trimestre.
Neste  mes de abril celébrase o día do libro. Queremos propoñervos unha actividade titulada "Familias lectoras". Como quedamos na casa, a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia,...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos,... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal,...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira,...), servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso, se nos apetece colaborar...:
1. Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
2. Remitiremos (se nos é posible antes do día 22 de abril) título, foto e datos da lectura...  ao correo do noso blog bichitosvila@gmail.com co nome do alumno ou alumna.

Con agarimo,
As titoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario